top of page
Logo_do_concelho_de_Cúrtis_(2).png

En este espacio puedes consultar todas las novedades sobre el Concello de Curtis - Teixeiro en función a lo que estés buscando:

- Acción Municipal en el Concello de Curtis

- Vivir en el municipio

- 10 razones para invertir en Curtis

- Turismo en el Concello de Curtis

- Contacta con el Concello de Curtis

O Concello de Curtis atópase no centro de Galicia no límite oriental da provincia de A Coruña e forma parte, xunto con outros dez concellos, da comarca de Betanzos. Está adscrito ó partido xudicial de Betanzos e á diocese de Santiago de Compostela. O municipio limita ó Norte cos concellos de Oza dos Ríos e Aranga, ó Leste co Concello de Guitiriz (Lugo), ó Sur con Sobrado e Vilasantar, e ó Oeste con Mesía e Cesuras.

Exténdese o Concello por 117,5 quilómetros cadrados, distribuídos en catro parroquias, Santa María de Fisteus, Santa María de Foxado, Santa Eulalia de Curtis e Santa María de Lourdes, que acollen a unha poboación total próxima ós 4.400 habitantes. A capital municipal é Teixeiro. A altitude á que se atopa o concello sitúase entre os 517 e 554 metros sobre o nivel do mar, sendo o punto máis alto o Monte Enxameado con 610 metros.

Rio_Mandeo_por_Chelo.jpg

O Concello de Curtis conta cunha grande tradición de feira e hoxe en día mantén dúas afamadas feiras periódicas que teñen lugar en Curtis (o día 9 e 23 de cada mes, no campo do mercado comarcal) e en Teixeiro (o 5 e 18 de cada mes, na praza do Concello). Nelas pódense atopar postos de todo tipo, desde os de roupa e alimentos até cesteiros e artesáns.

 

Ademáis destas hai unha serie de feiras específicas ao longo do ano que atraen a gran número de visitantes de toda a comarca. Unha delas é a Feira da Nabiza e do Queixo, que se celebra no recinto feiral de Curtis en decembro.

O concello de Curtis é tamén coñecido polas súas festas e romarías, que dende a primaveira até o outono enchen as rúas de cor e música e fan as delicias dos que nos visitan.

A contorna do municipio, a súa paisaxe fluvial, os recantos e fragas, fan de Curtis un excelente punto de partida para a práctica do sendeirismo. Prantexámosvos algunhas rutas que garanten unha experiencia fantástica en contacto coa natureza:

· Ruta do Mendo: Seixo de Abaixo - O Castro [1,5 km.]

· A Ponte Mascoto: Teixeiro - Mascoto [3 km.]
· Río Mandeo: Brixaría - Abeledo [6 km.]
· A Edrada: Abeledo - Edrada [2,5 km.]

· As Neves: Foxado - O Castro [2 km.]
· O Santiago: Paradela - San Cibrá [6 km.]
· Ruta dos Cabaleiros: Illana - Igrexario de Fisteus [2,5 km.]

· A Graña: Illana - Godulfes [6 km.]
· Enxameado: Naveira - Santaia [5 km.]
· Ruta dos plátanos: Santaia - Teixeiro [3 km.]

O municipio de Curtis é punto de encontro de moitos camiñantes que fan O Camiño do Norte, tamén coñecido como Camiño Cantábrico ou Camiño Alto, que é o que percorre a cornisa cantábrica dende Irún a Santiago, pasando polo noso municipio. É certo que é unha ruta quizáis menos coñecida que o camiño francés, máis non por elo menos fermosa e meritoria.

Consulta esta guía do municipio se queres atopar más información sobre o Concello de Curtis.

SANTA MARÍA DE FOXADO, CURTIS 31.JPG
bottom of page